A imbatibilidade de Ares na Liga B de traineras, acabouse en Esteiro. A Santa Olaia viuse perxudicada pola súa calle e non puido izar a súa sexta bandeira da temporada. Finalizou cuarto na VIII edición da Bandeira Concello de Muros, que gañou con autoridade Náutico Boiro - Cabo da Cruz B.
A regata estivo marcada polas duras condiciones que se atoparon os remeiros. Foi a Bandeira máis dura das disputadas ata agora. Na primeira quenda, Cesantes non puido rematar e Rianxo, que marcara o mellor tempo, foi descalificado por cambiar de patrón durante a regata.
Na segunda quenda, que empezou con algo de retraso, competían os cinco mellores clubes da liga B. Náutico de Cabo marcou os mellores tempos en tódalas viradas. Foi unha exhibición da Rianxeira. Os remeiros de Boiro foron a única tripulación que baixou dos 25 minutos (24.48.45). Segundo foi Salgado Perillo, que cruzou a liña de meta a máis de trinta segundos de Náutico (25.22.45). O podio completouno Puebla (25.33.81).
No hay comentarios:
Publicar un comentario