domingo, 10 de marzo de 2013

NAUTICO BOIRO VOLEIBOL

O Náutico trae a súa terceira liga consecutiva de San Sebastián

       
O Náutico de Boiro é un equipo que está a facer historia. Con máis talento que medios, os barbanceses fixéronse onte pola tarde, despois de gañar ao Bera Bera de San Sebastian por 0-3, coa súa terceira liga consecutiva. O encontro non presentou problema para os barbanceses, que se impuxeron con solvencia en cada set. «Eles son os pechacancelas e nós sabiamos que facendo o noso xogo non teriamos que ter problemas. Por sorte así foi. Ademais participaron todos os xogadores», explicou o adestrador Emilio Palacio, que onte logrou o seu terceiro campionato como adestrador nas catro tempadas que leva á fronte do vestiario do Náutico.
Os parciais do choque evidencian a superioridade dos galegos: 13-25, 20-25, 19-25. Polos boiristas xogaron de saída Iván Souto, Emilio Palacio, Mario Iglesias , Jesús Vázquez, Cristóbal Álvarez, Gustavo Romero e Adrián Alves. No banco esperaban a súa oportunidade Manuel Pérez, Miguel Vázquez, Rubén Taibo e Xavier Sarille.
Este triunfo, que se resolveu en algo máis dunha hora, permite aos boirenses disputar a fase de ascenso para competir a próxima tempada na Súper Liga 2. Para iso, o equipo da Cachada terá que imporse na promoción aos seguintes adversarios: Universidade de Valladolid , Tarragona 2017, Universidade de Granada, Voléy Praia Madrid e Cieza Enerxías Renovables.
Fase de ascenso en Boiro
Un portavoz do campión de liga adiantou onte que xa iniciaron os contactos para que Boiro sexa a sede desta liguiña, que permitirá xogar aos dous primeiros na Súper Liga 2 tras o verán. «Temos que mandar a documentación, que se fará en cuestión de días, pero nos gustaría que fose en Boiro para ter cerca á nosa afección, que llo merece moito».

No hay comentarios:

Publicar un comentario