miércoles, 20 de marzo de 2013

IALA

A Asociación Internacional de Axudas a Navegación Marítima e Autoridades de Faros, máis coñecida como a IALA polas suas siglas en inglés (International Association of Lighthouse Authorities), é o organismo internacional que se encargan da estandarización da sinalización marítima en canais, entradas portuarias e navegación costeira. Así, a cor das boias, a súa forma, sinais sonoras e luminosas de faros, todas son reguladas por dito organismo.
Periódicamente, fan convencións internacionais para consensuar criterios, escoitar opinións, mostrar adiantos tecnolóxicos, intercambiar melloras, etc, é no 2014, está previsto facer a súa XVIII CONFERENCIA DA IALA, na cidade de A CORUÑA.
O Ministerio de Fomento editou un fermoso video de presentación do evento, para mostrar a todo o mundo, a terra onde se levará a cabo a conferencia, amosando a aportunidade para visitar GALICIA.


No hay comentarios:

Publicar un comentario