Debido ao final do
período estival, a Mariña de Cabo de Cruz, parecía disfrutar dun momento de calma en canto a eventos, cas únicas actividades resañables da organización dun curso para sacar o titulín por medio
da federación galega de vela e o bo comezo da liga nacional de Volei.
Pois ben, resulta que unha
vez mais está presente nos xornais.
-Primeiro porque o Club Náutico Boiro Marina
de Cabo de Cruz segue sumando satisfaccións desde que se inaugurou, fai tan só seis
meses, e o último recoñecemento foi a concesión
da Q de calidade, un distintivo do que tan só poden presumir trece portos
deportivos do litoral español.
-É segundo, pola presentación oficial do club de piragüismo. Os integrantes do Náutico Boiro
Piragüismo Rías Baixas iniciaron hai uns días os adestramentos para preparar a
nova tempada, que arrinca en breve. O Náutico Boiro, patrocinador do equipo de
piragüismo, pretende converter ao equipo de piragüismo nun
dos mellores de España, de forma similar a como axudou ao equipo de voleibol a ser campión dá
Primeira División nacional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario