domingo, 30 de diciembre de 2012

NOVAS DO CLUB


Debido ao final do período estival, a Mariña de Cabo de Cruz, parecía disfrutar dun momento de calma en canto a eventos, cas únicas actividades resañables da organización dun curso para sacar o titulín por medio da federación galega de vela e o bo comezo da liga nacional de Volei.
Pois ben,  resulta que unha vez mais está presente nos xornais.
-Primeiro porque o Club Náutico Boiro Marina de Cabo de Cruz segue sumando satisfaccións desde que se inaugurou, fai tan só seis meses, e o último recoñecemento foi a concesión da Q de calidade, un distintivo do que tan só poden presumir trece portos deportivos do litoral español.
-É segundo, pola presentación oficial do club de piragüismo. Os integrantes do Náutico Boiro Piragüismo Rías Baixas iniciaron hai uns días os adestramentos para preparar a nova tempada, que arrinca en breve. O Náutico Boiro, patrocinador do equipo de piragüismo, pretende converter ao equipo de piragüismo nun dos mellores de España, de forma similar a como axudou  ao equipo de voleibol a ser campión dá Primeira División nacional.